Inicio » A fondo » Afinando a guitarra, aclarando a voz, queres cantar?

Afinando a guitarra, aclarando a voz, queres cantar?

Afinando a guitarra, aclarando a voz, queres cantar?Na procura dos mellores músicos miúdos, deica o 20 de xuño segue aberto prazo. Velaquí a rapazada que xa afina os instrumentos!

Ides perder a oportunidade de tocar en directo no Teatro Colón da Coruña!!?? O certame Quero Cantar inclúe este ano categoría Infantil e categoría Xuvenil. Nesta segunda edición as letras deben ser, ao igual que a música, orixinais e inéditas. Toda a información en www.querocantar.gal

Facemos un pouquiño de memoria?

Da Escola de Música de Cee chegaba o ano pasado a primeira proposta para o Quero Cantar, a través do seu grupo Proxecto Nordés e a inestimable colaboración do seu director, Fernando Fraga Traba

Coñecedes a Aarón e Miriam Pérez Pardiñas? O ano pasado participaron coa peza ‘Canto de amor á Terra’. Aproveitamos que estes días navega pola rede un videoclip renomeado como ‘Unha terra do norte’ realizado e protagonizado por eles mesmos, igual que a propia canción.

Leila e Víctor Santos, filla e pai que desde o Porto do Son e vía Barcelona animábannos a bailar rumba ao son da Árbore Tropical.

Unha lembranza máis? Sangue de Oso, composta por Ramón Raíndo e por Lucía Sánchez, que tamén a interpreta coa voz. Os dous son mestre e alumna respectivamente da Escola de Música de Boiro.

E que composicións van axitar nesta edición 2017 o escenario do Quero Cantar? Temos noticia xa dun feixe de traballos no forno.

Por exemplo, dende Carnota xa preparan peza!

De feito, a xente da Escola Música Carnota xa participara o ano pasado, lembrades?

E pola banda de Ames, os Kawaiis Pixelados prometen tamén moita entrega!

Enfornando tamén a peza dos Rockeirxs dos Tilos, pola parte de Teo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*