Enquisa a adolescentes para a prevención da violencia de xénero

Iniciativa da Confederación Nacional de Mulleres en Igualdade. Aberta deica o mes de setembro.

A Confederación Nacional de Mulleres en Igualdade puxo en marcha este ano un programa de educación e sensibilización contra a violencia de xénero entre menores de idade, dirixido a adolescentes de 12 a 18 anos. Como parte da iniciativa estase facendo un estudo sobre a violencia de xénero entre a mocidade, dentro do cal se peneiran datos a través dunha enquisa a alumnado de entre 12 e 17 anos.

Os promotores do estudo animan a familias e docentes a animar a cumprimentar a enquisa, á que pode accederse en liña: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfEyLVgJZjWZMaIFU05N3JXe_cZ5hiC8t6w8fbQtts3SOiJKQ/viewform?c=0&w=1
Cos datos obtidos publicarase, a finais de 2017, unha guía en liña de prevención e sensibilización que recompilará as opinións dos adolescentes sobre a violencia machista e ofrecerá pautas para previr actitudes de control, sensibilizar e detectar os primeiros sinais da violencia de xénero.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*