Inicio » Igualdade » ‘Hai saída’, prevención da violencia de xénero na adolescencia

‘Hai saída’, prevención da violencia de xénero na adolescencia

‘Hai saída’, prevención da violencia de xénero na adolescenciaConxunto de guía e curtametraxes descargables para labores de sensibilización.

‘Fútbol’, ‘Árbore’, ‘Telefonillo’, ‘Banco’ e ‘Contrasinal’ son os as cinco curtametraxes cinematográficas elaboradas por CIMA (Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais’, que poden visualizarse en liña baixo o lema ‘Encontra o verdadeiro amor’. Estas pezas audiovisuais permiten traballar varios eixos vencellados coa violencia de xénero na adolescencia a través de cinco historias diferenciadas protagonizadas por mozas e mozos.

O visionado do material recoméndase que sexa acompañado das actividades didácticas que inclúe a guía elaborada a tal efecto, deseñada para un uso doado e para a profundización e traballo na prevención da violencia de xénero no ámbito educativo. O obxectivo básico é ensinar a detectar os primeiros sinais de maltrato na adolescencia e informar de que é o que se debe facer diante dunha situación de maltrato. As actividades poden realizarse en grupo para xerar debate, reflexión e aprendizaxe colectivo na aula.

Na mesma liña, e co lema e mensaxe clave “Hai saída á violencia de xénero”, este conxunto de materiais inclúe tamén un folleto informativo para a prevención da violencia de xénero entre a mocidade. Está dirixido non só ás adolescentes, senón tamén ao seu contorno próximo, para que poidan axudarlles diante de situacións deste tipo, aprendendo a identificar as condutas e poñer en práctica procedementos e estratexias axeitados.

Os vídeos:
Capítulo 1: Fútbol
Catro amigas quedaron na casa para ver un partido de fútbol xuntas, cando unha mensaxe de wasap ameaza con amolarlles a diversión.

Capítulo 2: Árbore
Borja e a súa noiva levan un mes saíndo xuntos. Ambos falan sobre os plans para a fin de semana, porque a casa de Borja quedou soa.

Capítulo 3: Telefonillo
O noivo de Lourdes foi buscala á casa para saír un momento. Pero cando Lourdes baixa ao portal, hai algo nela que ao seu mozo non lle gusta demasiado.

Capítulo 4: Banco
O noivo de Rocío é agresivo e á súa mellor amiga preocúpalle a súa situación. Mentres pasan a tarde sentadas no parque, ela tenta facerlle ver a Rocío que ten un problema.

Capítulo 5: Contrasinal
Javi e súa noiva están a chancear no sofá cando Javi lle quita o móbil á moza. Só llo devolverá se ela lle di o contrasinal para desbloquealo e poder lerlle as súas mensaxes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*