O infinito camiñar do tempo

O infinito camiñar do tempoDeica o 15 de xuño, exposición no MUNCYT da Coruña.

No Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, MUNCYT, da Coruña, podemos ver a mostra titulada “O infinito camiñar do tempo”. Trátase dunha pequena exposición de reloxos da ampla colección de Domingo Pérez Somoza, galego monfortino, reloxeiro, xemólogo e amante desta arte da reloxería.

O visitante poderá contemplar 170 pezas que mostran a evolución da reloxería. Moitos destes reloxos posúen mecanismos curiosos para darnos a hora e outros ademais, teñen a exclusividade de ser de fabricación e deseño propio. Reloxos que dan a hora a través de pequenas bólas de aceiro descendendo por ramplas, reloxos que mostran o tempo a través de carteis que soben e baixan ou con mensaxes que parecen flotar no aire, ou reloxos que proxectan a hora sobre distintas superficies, e así unha infinidade de mecanismos que sorprenden o observador.

Algúns son réplicas que marcaron un fito histórico, e outros representan un paseo didáctico a través da historia desta nobre arte. A paixón pola profesión de Domingo Pérez Somoza foille inculcada polo seu pai, Domingo Pérez Soto que, grazas ao seu esforzo e dedicación, logrou fundar a Reloxería Domingo no ano 1958, gañándose o respecto dos clientes e compañeiros do gremio.

A mostra poderase visitar deica o 15 de xuño na Sala Innovación da 4ª planta do MUNCYT, na Coruña.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*