Inicio » Planeta Verde » XIII Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos

XIII Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos

Organiza Adega, o día 17 de xuño de 2017 nas ribeiras e sobreiral do río Arnego.

Este ano 2017 continuaremos realizando unha de descuberta de biodiversidade, tamén coñecida como Bioblitz. Nesta actividade, os asistentes, organizados en pequenos grupos, percorrerán treitos do río para coñecer máis de cerca os tesouros naturais que agochan os cursos fluviais.

Cada grupo se dedicará a buscar e fotografar especies de flora e fauna coa finalidade de identificalas, ben no momento, ben ao regreso da saída co asesoramento de expertos/as e guías de campo. Con esta actividade queremos divulgar a biodiversidade que vive nos nosos ríos.

Pódese consultar a crónica do Bioblitz de 2016 no río Sor.

Podes anotarte nos teléfonos:
981 57 00 99 / 616 238 050
ou no e-mail: ramses@adega.gal
Proxecto Ríos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*