Inicio » Actualidade » ‘Bailas? Didáctica da danza tradicional galega’

‘Bailas? Didáctica da danza tradicional galega’

Do 26 ao 28 de xuño na Facultade de Ciencias da Educación da USC.

Formación dentro do programa de cursos de verán da Universidade de Santiago de Compostela. Estruturado en 20 horas lectivas e aberto á participación de todas as persoas interesadas pola temática a tratar, este curso estival de formación e divulgación científica, está dirixido por Carol Gillanders. O obxectivo é situar a danza tradicional galega no universo das diferentes modalidades de danza, ademais de afondar no coñecemento das súas funcións e finalidade. A identificación das variables que interveñen no proceso de ensino-aprendizaxe da danza galega relativas á organización de contidos, ademais da posta en valor da importancia das recollas e da nomenclatura, son outros dos cometidos deste foro.

Os responsables da organización deste curso estival da USC tamén sitúan como obxectivos do programa seleccionar, fundamentar e aplicar o soporte musical ás intervencións propostas e deseñar unidades didácticas ou programas que consideren diferentes públicos e actividades. A matrícula finaliza o 16 de xuño.
O curso comezará coa conferencia “Teoría sobre o ensino da danza”, a cargo de Mercedes Prieto, profesora de danza tradicional internacional e finalizará coa conferencia a cargo de Lucía Casal de la Fuente, investigadora da USC, titulada “A música e a danza na educación infantil: análise e implicacións
curriculares”.

O programa completo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*