Andersen hoxe? Así o imaxinaron nas bibliotecas galegas

A pequena vendedora de mistos e o patiño feo foron os personaxes elixidos polas alumnas gañadoras do certame de Gálix.

Xa temos o resultado do concurso “ANDERSEN HOXE” convocado pola OEPLI a través das súas seccións: Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, Consejo General del Libro, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil e Galtzagorri Elkartea, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, para conmemorar a celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL.

Recordámosvos que o certame consistía en escoller un personaxe dun dos contos de Andersen e facer un debuxo dese personaxe tal e como o imaxinaría Andersen se estivese a escribir o conto na actualidade. Os nenos e as nenas participaron a través do seu centro docente ou biblioteca da súa poboación en tres categorías

As gañadoras do concurso “Andersen hoxe” son:

PRIMEIROS LECTORES
Cristina Garrido Vázquez. Biblioteca “Os Templarios”. Cambre (A Coruña)

LECTORES AVANZADOS
· Ángela Fontecoba Fernández. Biblioteca “Os Templarios”. Cambre (A Coruña)

SÚPER LECTORES
· Katia Tojo Soto. Biblioteca “Ánxel Casal”. Santiago de Compostela (A Coruña)

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*