Inicio » Actualidade » A AS-PG e o Proxecto Apego, recoñecidas co VIII premio Rosalía de Castro de Lingua

A AS-PG e o Proxecto Apego, recoñecidas co VIII premio Rosalía de Castro de Lingua

O galardón da Deputación da Coruña premia a actividade destas dúas iniciativas xurdidas da comunidade educativa.

Pola súa “tarefa continuada e a longa traxectoria a prol da lingua e cultura galegas, formación docente, publicación de materiais didácticos, promoción de espectáculos audiovisuais, elaboración de estudos sociais, implicación decisiva no proceso de normalización lingüística, etc”, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) foi gañadora na categoría de colectivo, destinada a recoñecer as entidades ou asociacións que destacan na promoción da lingua galega.

E polo seu carácter “innovador e pioneiro” e por ir destinado “ao sector que máis precisa actividades de fomento de uso do galego, a infancia”, o Proxecto Apego da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) é recoñecido na categoría que premia iniciativas que traballan con tramos de poboación de menor idade, infancia e mocidade.

O xurado estivo composto por Iolanda Galanes, Anxo Louzao, Cibrán Arxibai e Xián Naya coa vicepresidenta e responsábel da área de Cultura e Normalización Lingüística, Goretti Sanmartín, como presidenta e a técnica da área, Dores Sánchez como secretaria.

Xurado da VII edición dos premios Rosalía de Castro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*