Inicio » Actualidade » Quero Cantar 2017: Temos finalistas!

Quero Cantar 2017: Temos finalistas!

Xa temos decisión do xurado respecto das pezas finalistas. Velaquí as sete que pasan á segunda fase.

O II Concurso musical infantil e xuvenil “Quero Cantar” segue adiante. Recordámosvos que o xurado está composto por persoas recoñecidas no mundo da música e a dinamización de proxectos musicais no ámbito infantil e xuvenil como Xiana Lastra, Sonia Lebedybski, Manuel Maseda, Andrea Porto e Paula Romero e presidido pola vicepresidenta e responsábel das áreas de Cultura e Normalización Lingüística da Deputación, Goretti Sanmartín Rei, coa xefa do servizo, Mercedes Fernánez-Albalat como secretaria. E o xurado xa decidiu as pezas que camiñan cara á seguinte fase do certame. Son as seguintes:

‘Para gustos fixeron sabores’, de Angry Cats (Santiago de Compostela)

 

‘Benvidos a Hawai’, da Escola de Música José Verea (Oroso)

 

‘Quero xogar’, do grupo Os nenos da vella (A Coruña)

 

‘Vinde bailare’, do grupo Quenindiole (Ferrol)

 

‘Ruliña’, do grupo Brisiñas da sobreira (Ourense)

 

’Son muller’, de Máis boas cás patacas (Teo)

 

’Tolemia animal’, de As Estrelas do Rock (Brión)

 

As bandas pasarán a unha segunda fase cun xurado composto por público infantil de Escolas de Música. As finalistas actuarán na gala final que terá lugar no Teatro Colón no outono e gravarán un CD do que se fará unha edición de 1.000 exemplares e se distribuirá na rede. Os premios consistirán en 1.500, 1.000 e 5000 € en material escolar ou produtos culturais en galego.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*