A pequena e grande orquestra, en Compostela

A pequena e grande orquestra é música de verbena, é diversión, son recordos en forma de cancións e tamén tendencia.No Auditorio de Galicia, o 24 de setembro ás 18:30 horas.

Música infantil de todos os tempos para público miúdo, avós, avoas, nais e pais. A pequena e grande orquestra é música de verbena, é diversión, son recordos en forma de cancións e tamén tendencia. O proxecto nace co fin de comunicar, divertir e educar a través da música, facendo un repaso polos grandes éxitos da música infantil de todos os tempos e de todos os lugares.

Na selección de pezas que esta grande orquestra interpretará estarán as referencias da música infantil mundial de todos os tempos, mais será a música infantil galega o eixo sobre o que xirará a escolla: partirá do repertorio de música infantil máis tradicional, pasando polos grandes éxitos que acompañaron nos 90 a toda a xeración Xabarín, e continuando o percorrido polos grupos musicais que nos últimos 15 anos teñen agromado no país.

Venda de entradas anticipadas

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*