Unidade didáctica: As vangardas

Verbena (1928), obra de Maruja Mallo

Material da AELG sobre as vangardas poéticas galegas do primeiro terzo do século XX.

Unidade didáctica da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) realizada por Pilar Ponte. Esta unidade didáctica está deseñada para o estudo das vangardas poéticas galegas do primeiro terzo do século XX. O material foi elaborado para adquirir unha visión xeral do fenómeno do vangardismo e por outro lado, unha visión máis específica da súa manifestación no noso corpus literario.

O espazo web introduce o concepto e recolle unha contextualización histórica e artística para pasar a facer repaso de cubismo, dadaísmo, futurismo, surrealismo, etc Entre outros autores, fálannos de Manuel Antonio, Vicente Risco, Euxenio Montes, Álvaro Cunqueiro ou Amado Carballo.

Velaí un exemplo que recolle, o poema ‘Noivado I’ de Álvaro Cunqueiro:

Cegoñas xeográficas no meu noivado noivo.
Un tempo craro como un illó de vidro.
E no medio de litorais e avións platino
cidadán de correntes submariñas color morno.
A miña craraboia en brúxula silvestre:
un arbre polo Norde, Oriente feito
de moluscos, Sur de ribeiras líquidas.
Eu de noivado. Nas mans arcos-de-vella,
vidreiras verde-tenre e colgaduras finas.
(…)

Álvaro Cunqueiro, Poemas do si e do non, 1933

Todo o material na web: As Vangardas

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*