Unidade didáctica: Fíos Violeta

Material didáctico sobre Igualdade destinado ao profesorado e alumnado de educación secundaria obrigatoriaOrganizado en catro guías, o material foi elaborado por María Hermelo.

Está destinado ao profesorado e alumnado de educación secundaria obrigatoria, deseñado dende unha perspectiva interdisciplinar, non pertence a ningunha disciplina concreta e pódese abordar dende a acción titorial, o currículo de Educación para a cidadanía ou entroncalo con calquera outra área curricular. Ao mesmo tempo non é un material exclusivo da educación formal, a súa versatilidade permite a posta en práctica en calquera outro contexto onde o obxectivo de educar a favor da igualdade sexa prioritario.

Consciente da omnipresenza dos medios de comunicación e a preponderancia da imaxe audiovisual como axentes principais da construción, representación e valoración da realidade social, Fíos Violeta parte do cine como recurso formativo e afonda no discurso da imaxe como portador de valores e contravalores socioculturais.

“A escola, en tanto que espazo decisivo da socialización de nenas e nenos, ten un papel fundamental na conformación das persoas máis novas, no mantemento ou na desaparición dos estereotipos de xénero e na construción dunha sociedade máis igualitaria e xusta (…) A finalidade última de Fíos Violeta: Convivir en igualdade é lograr que rapazas e rapaces comprendan criticamente o mundo no que viven e actúen con criterio na procura do benestar individual e colectivo; mais para ser quen de actuar con criterio cómpre coñecer e xestionar as propias emocións ”

VÍDEOS
Convivir en Igualdade

MANUAIS
Manual 1 – O Cine como recurso formativo. Orientacións pedagóxicas e metodolóxicas. Programación didáctica. Películas seleccionadas

Manual 2 – Bloque temático I: función social das mulleres. Bloque temático II: sectores profesionais feminizados.

Manual 3 – Bloque temático III: ditadura da beleza. Bloque temático IV: orientación sexual.

Manual 4 – Bloque temático V: relixión e cultura. Bibliografía e glosario.

  • ETIQUETAS
  • 8M
COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*