Lúas de Outono

Fundación Manuel MaríaMércores 20 de setembro, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, ás 20:30 horas. Entrada libre ata completar aforo.

“Lúas de Outono”, a homenaxe anual que a Fundación Manuel María lle ofrece ao escritor que faleceu por estas datas hai agora trece anos, chega á súa novena edición. O protagonismo irá nesta ocasión para o teatro da man da compañía Lucecús Teatro que representará “A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna” que leva á escena a popular figura que tanto influiu na biografía de Manuel María.

“A homenaxe é unha nova posibilidade de achegarnos ao escritor Manuel María nunha cita anual que contará, como cada ano, co apoio do público como en todas as actividades que ao longo do ano organiza a Fundación Manuel María que entende que o seu ten que ser un traballo continuado no tempo que impregne a sociedade galega das súas palabras, do respecto á natureza, da unión á terra, do compromiso coa lingua e o país”, sinalou na súa intervención Goretti Sanmartín ao tempo que mostrou a súa satisfacción de contribuír ao programa de actividades da Fundación.

Pola súa parte, a viúva do escritor, Saleta Goi, agradeceu o compromiso de todas as persoas que participan na homenaxe e lembrou que o teatro, protagonista desta edición, foi, despois da poesía, o xénero que a Manuel María máis o divertía. Con escritor instalárase Saleta Goi no barrio de Monte Alto da Coruña, cidade que cada ano, como lembrou Alberte Ansede, responde con afectividade a estas “Lúas de Outono” que se desenvolven por volta da data do falecemento do escritor. “Deixou unha grande impronta na cidade e nesta homenaxe, que xa é unha referencia cultural no calendario, exprésase o cariño do público e os lectores e lectoras da súa obra”, dixo Alberte Ansede.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*