Desafío STEM

Concurso orientado a desenvolver as competencias STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).

STEM é o acrónimo do inglés “Sciencie, Technology, Engineering and Mathematics”, e o certame Desafío STEM quere promover proxectos de programación e robótica nas aulas. O profesorado participante ten que formar co seu alumnado un equipo para poñer en marcha un proxecto tecnolóxico innovador nunha destas temáticas: Internet das cousas, industria local, e-Health, Educación Dixital, Ciberseguridade ou outros proxectos tecnolóxicos. Pode formarse máis dun equipo. Todas as bases na web do Desafío STEM.

A primeira fase consiste en identificar un problema e propoñer unha solución tecnolóxica e implica entregar un logotipo do equipo e unha descrición do proxecto. Na segunda fase, o equipo adícase ao traballo de investigación, planificación do proxecto e superación de obstáculos. Haberá que entregar entre dúas e dez imaxes do proceso de investigación e un documento coa investigación completa. E na terceira fase hai que presentar o resultado do prototipo funcional, sendo os entregables un vídeo final do proxecto (de menos de tres minutos), unha descrición breve da solución, código fonte e demais documentos sobre a creación do prototipo.

A competición finaliza o 15 de decembro e as aulas poden apuntarse en calquera momento deica aquela.

Inscrición

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*