Programa Escolar 2017/2018 do Museo do Pobo Galego

Museo do Pobo GalegoActividades e recursos para coñecer, pasear e aprender neste espazo.

As visitas poden realizarse coa modalidade de “Visita Libre” contando, se o considerades preciso, co asesoramento das educadoras do Museo do Pobo Galego, ou coas pequenas unidades didácticas que están á vosa disposición para o aproveitamento da colección.

Entre outras, e de setembro a marzo, están dispoñibles:

Para o treito de Educación Infantil
‘Raposadas’. A raposa é moi lista, é moi curiosa. Gústalle vivir libre no monte mais tamén achegarse á aldea para ver xogar ás nenas e aos nenos e escoitar os contos que lles contan na lareira. Raposadas é un espectáculo de contos de tradición oral con obxectos e monicreques que nos levará polo Museo da man da narradora Raquel Queizás.

Para Primaria
Tramando Fíos. (Destinado ao alumnado de 3º)
O proceso de elaboración do tecido a partir do liño e a lá constitúe a base dunha actividade teórico-práctica na que nenas e nenos poderán cruzar trama e urdime en teares infantís onde elaborar a súa propia tea.

Apeiros. “Para que serven as mans?” (Destinado ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria)
Con esta pregunta comezamos un percorrido polo Museo da man do narrador Celso Fernández Sanmartín a partir de distintos obxectos expostos como apeiros nas salas do Museo. Traballaremos coa curiosidade e a participación buscando unha aprendizaxe significativa.

Coscobellos ao cesto, A historia de Rosa, Remuíño de pistas, Ferramentas… en mimo!, Xogos bailados ou Da vara ao carabelo son outras das actividades dispoñibles.

Dispoñibilidade, horarios e máis información neste arquivo .pdf

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*