GaliCiencia 2017 céntrase na Astronomía

A nova edición do evento Galiciencia terá como temática a AstronomíaDías 22, 23 e 24 de novembro, en Ourense.

A nova edición do evento Galiciencia terá como temática a Astronomía. Podedes participar presentando un ou varios proxectos, indo como visita ou en calquera dos concursos convocados.

Atrévete coa astronomía

A astronomía é a ciencia que estuda os planetas, os satélites, as estrelas, todos os corpos celestes do universo infinito. Coñecemos só unha pequena parte, pero podemos descubrir cousas novas? Atrévete coa Astronomía! pretende mostrar as curiosidades relacionadas coa astronomía, en ocasións descoñecidas. Poden participar estudantes de EP, da ESO e Bacharelato.O concurso ten dúas fases:
1ª Fase non presencial: constará de 3 desafíos a realizar a distancia que se enviarán por correo electrónico (atrevetecoaastronomia@galiciencia.com) para a súa valoración.
2ª Fase presencial: constará dun desafío final que terá lugar o venres 24 de novembro de 11:00h a 12:00h durante a Galiciencia e na que participarán os 3 grupos mellor puntuados de cada categoría na primeira fase.

Queredes participar con proxectos?

Se queredes presentar o voso proxecto na Galiciencia 2017 só tendes que facer un equipo do que formen parte dous/dúas alumnos/as e un/unha profesor/a e contarnos a vosa idea a través do formulario de inscrición de proxectos PRIMARIA. E/ou formulario de inscrición proxectos SECUNDARIA.

Se resulta seleccionada, disporedes de un stand na ‘Galiciencia 2017’, onde poderedes dar a coñecer o voso proxecto e entrar en contacto con outras mentes inquietas. Só tendes que seguir as instrucións detalladas nas bases e enviar a vosa idea ata o 22 de outubro de 2017.

Visitas

Por último, recordade que pode visitar GaliCiencia calquera centro que o desexe. Pero hai que solicitar visita a través do formulario de inscrición. O prazo remata o 15 de outubro.

Os centros admitidos recibirán a confirmación da súa solicitude para facer a visita na primeira semana de novembro a través do mesmo correo electrónico co que a tramitaran. A lista de admitidos será publicada na web de Galiciencia.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*