Un de cada catro adolescentes, en risco de ‘nomofobia’

O maior índice de casos de medo irracional a saír da casa sen o teléfono móbil, en mocidade de entre 14 e 16 anos.

Existe na sociedade un medo crecente, impulsado por contidos culturais como a serie Black Mirror, de que o mal uso da tecnoloxía poida provocar que esta controle cada aspecto da nosa vida. Esta representación ficticia dunha sociedade futura pon o foco nun dos problemas relacionados co uso das tecnoloxías que máis preocupan: a nomofobia (da expresión en inglés “non mobile phone phobia”), o temor a ser incapaz de comunicarse a través do teléfono móbil ou doutros aparellos tecnolóxicos.

Os comportamentos máis frecuentes que presentan os afectados son a obsesión por ter o teléfono sempre cargado e a ansiedade ante o pensamento de non poder utilizalo por calquera motivo (datos, cobertura, etc), evitando custe o que custe situacións nas que vaia a vivir esta circunstancia e dificultando, por tanto, o desenvolvemento dunha vida normal.

As estatísticas mostran que os adolescentes e os mozos son o sector máis vulnerable, como indica Joaquín Manuel González-Cabrera, director do grupo Cyberbullyng-OUT da Universidad Internacional de la Rioja (UNIR) e primeiro autor do traballo. O estudo, publicado en Actas Españolas de Psiquiatría, (aquí, en .pdf) supón a primeira ferramenta a nivel estatal que cumpre certos indicadores de fiabilidade e validez para a avaliación do problema.

Maior prevalencia en mozas

Aínda que existe unha ampla literatura sobre aspectos relativos a un uso problemático de internet, a nomofobia pon o foco no medo que desencadea perder acceso á información e á rede de contactos sociais. É necesaria, por tanto, a elaboración de estudos específicos que recollan o amplo abano de situacións relacionadas coa necesidade de control do individuo sobre a súa autonomía e conectividade.

Para analizar o patrón de uso problemático nomofóbico, os investigadores adaptaron e validaron un cuestionario que avalía 4 dimensións e 20 ítems. A través deles establecéronse os perfís de usuario ocasional, usuario en risco e usuarios con problemas.

Case o 25% podería considerarse un usuario de risco. Isto pode ter consecuencias a medio-longo prazo. Serán necesarias máis investigacións, especialmente de seguimento temporal, para avaliar o seu impacto nos nosos adolescentes”, afirma González-Cabrera. O experto tamén destaca que a franxa de idade con maior prevalencia está comprendida entre os 14 e 16 anos, e que as mozas, do mesmo xeito que no resto da literatura respecto diso, presentan puntuacións máis altas que os mozos.

Novas formas de ansiedade vencelladas ás novas tecnoloxías

Os autores do traballo contaron coa dificultade engadida da complexidade do termo, aínda non incorporado nos manuais de diagnóstico.

Para eles, a nomofobia podería situarse dentro das fobias específicas, que, segundo o manual DSM-V (Diagnostic and Statistical Manual of Mental Disorders), son o medo excesivo e irracional a unha determinada situación ou obxecto, como é non poder utilizar un teléfono móbil. Esta opción sería posible asumila sempre que non poida explicarse con A baixa autoestima predispón á adicción ao móbil nos menores Hai catro trazos fundamentais para que apareza esta adicción.síntomas doutro trastorno como a ansiedade social.

O equipo de investigación da UNIR está a levar a cabo tamén o desenvolvemento e validación instrumental doutros problemas como o FOMO (Fear of Missing Out, ou medo a perderse algo), tamén intrínseco a un estilo de vida hiperconectado, ou o estudo do posible uso patolóxico dos videoxogos (Internet Gaming Disorder) sobre todo de xogos tipo MOBA (Multiplayer Online Battle Area, ou campo de batalla multixogador) como o League of Legends.

O uso do smartphone non é de seu negativo, pero os expertos da UNIR están convencidos de que non é inocuo, polo que é necesario tratar unha educación integral das persoas que as prepare para ser cidadáns dixitais. É dicir, beneficiarnos das infinitas posibilidades que nos ofrece a tecnoloxía e ser capaces de afrontar os riscos debe ser un obxectivo social e educativo primordial para que Black Mirror non chegue ás nosas vidas.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*