Nova ficha interactiva do Caderno Verde.
A plataforma Caderno Verde, proxecto de educación ambiental de Sogama, acaba de publicar un novo recurso. Aproveitamos para recomendalo coincidindo coa celebración do Día Mundial da Alimentación.
Acompañamos as amigas e amigos de Vilaverde ao mercado? Imos aló. Antes de saír da casa é moi importante recordar isto: HAI QUE FACER UNHA LISTA DA COMPRA
Sabes por que? Vexamos cales das afirmacións propostas son verdadeiras e cales falsas.
A lista da compra só a teñen que facer as persoas con mala memoria…
Verdadeiro ou Falso?
Hai unha investigación que di que por non planificar ben a compra, acabamos tirando a terceira parte da comida que mercamos…
Verdadeiro ou Falso?
Camiño do mercado. Mireia leva unha bolsa de tea reutilizable (custoulle 2 euros). Tomé leva unha bolsa de plástico (custou 0,15 céntimos).
Quen dos dous actúa correctamente?
Todas as actividades no novo recurso interactivo para Matemáticas de 2º ciclo de Primaria