Exposición “Erradiquemos a mutilación xenital feminina”

Mostra itinerante, este mes en Ourense.

Esta exposición foi cedida pola Confederación Nacional de Mujeres en Igualdad e está composta por 35 ilustracións seleccionadas no I Concurso de Ilustración “Campaña de Erradicación de la Mutilación Genital Femenina”

A mostra pode verse deica o 29 de outubro no Centro Ánxel Valente (Paseo, 4 – Ourense)

O colectivo iniciou en 2014 o proxecto de sensibilizar e informar contra a mutilación xenital feminina, cando editaron un primeiro Manual de Prevención da Mutilación Xenital Feminina: Boas Prácticas. En 2016 continuaron o empeño neste tema e editaron tamén un novo manual, convocando ademais a primeira edición do seu concurso de ilustración, baixo o mencionado lema. Na súa segunda edición este mesmo ano, o concurso foi “Matrimonios Forzados”.

Segundo Unicef, a Mutilación Xenital Feminina é unha práctica que sufriron cando menos 200 millóns de mulleres e nenas en todo o mundo, sobre todo as menores de cinco anos. Na Unión Europea, máis de 500.000 mulleres e nenas padeceron este tipo de mutilación e a nivel estatal, segundo estudos recentes, arredor de 17.000 mulleres están en risco de sufrila.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*