‘Radio Biblio’

Un proxecto piloto para a introdución da radio nas bibliotecas escolares.

‘Radio na Biblio’ facilitará que 20 centros educativos de educación Infantil, Primaria e Secundaria poñan en marcha un laboratorio de radio nas súas bibliotecas escolares.

Promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colaborativo, ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, avanzar na adquisición de competencias informacionais e mediáticas imprescindibles na sociedade actual…

Poderán participar neste proxecto bibliotecas de centros públicos non universitarios integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares (Plambe) neste curso 2017/18 que matriculen alumnado de ensino infantil, primaria e secundaria. O laboratorio de radio poderá estar asociado a un programa de voluntariado na biblioteca. Os interesados en participar nesta iniciativa deberán presentar a súa solicitude mediante un formulario aloxado na páxina de Bibliotecas Escolares (http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/), a través da persoa responsable da dirección do centro. A convocatoria faina a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe). A data límite de solicitude é o 31 de outubro de 2017.

Recordámosvos que na rede está en marcha o espazo web Escolas nas Ondas (www.escolasnasondas.org), unha iniciativa de Ponte… nas Ondas! para a promoción da radio e o audiovisual nas aulas, que naceu este ano coincidindo co Día Mundial da Radio á beira dun proxecto de  obradoiros de radio escolar que a asociación Ponte… nas Ondas! puxo en marcha durante o curso pasado. Hai que recordar que a asociación leva máis de vinte anos fomentando o traballo coa radio nos centros e ofrecendo exemplos de como as iniciativas radiofónicas na escola poden ser unha excelente ferramenta para a comunidade educativa.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*