Ao fío da chegada do Pergamiño Vindel: Certame Vindevídeos para a promoción nas aulas da literatura trobadoresca

O prazo para solicitar a participación e enviar os vídeos remata o 11 de decembro de 2017.

O certame Vindevídeos é unha das iniciativas que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está desenvolvendo para acompañar e difundir a presenza en Galicia do Pergamiño Vindel. Recordámoslles que a mostra abriu as súas portas o pasado 10 de outubro no Museo do Mar de Vigo e que se poderá visitar ata o mes de marzo na exposición “Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas”.

O Pergamiño Vindel, xoia da lírica medieval galego-portuguesa, dialoga na exposición con máis de 50 pezas históricas que explican a sociedade, a estrutura de poderes e a vida cotiá da época das cantigas, así como con obras contemporáneas nacidas baixo a inspiración deste mundo poético e do propio mar de Vigo.

Recreando a historia con novos códigos

Cada centro poderá enviar ao concurso un máximo de tres vídeos en calquera técnica cuxa temática estará relacionada coa cultura trobadoresca na que se xeraron as cantigas medievais galego-portuguesas.

Establécense dúas categorías:

  • Para vídeos realizados con alumnado de educación infantil ou primaria.
  • E para vídeos realizados con alumnado do resto dos centros: ESO, bacharelato, FP básica, ciclos formativos de grao medio, e ensinanzas especiais de grao medio.

En cada categoría outorgaranse dous premios. O docente responsable de cada vídeo premiado recibirá unha certificación de innovación educativa cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado.

O prazo para solicitar a participación e enviar os vídeos remata o 11 de decembro de 2017.

As bases (.pdf)

Formulario de inscrición (.odt)

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*