‘Son muller’

A formación teense ‘Máis boas cás patacas’ fai público o traballo audiovisual arredor desta reivindicativa peza.

Houbo festa este xoves na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela para a presentación do videoclip “Son Muller”, que leva ao audiovisual a peza coa que o pasado 20 de outubro o grupo xuvenil “Máis boas cás patacas” conseguiu o primeiro premio da segunda edición do certame Quero Cantar, promovido pola Deputación da Coruña.

Participaron no evento as oito rapazas deste grupo formado en Teo, onde se puido comprobar o talento musical das voces de Lua, Valeria e Ruth, a guitarra de Ana, o baixo de Sara, o uquelele de Carme, o piano de Cristina e a batería de Candela, todas elas estudantes do IES de Cacheiras. As mozas armaron esta peza baixo a dirección da súa profesora de música, Matilde Balseiro, tamén presente nesta xornada de presentación de ‘Son Muller’, unha peza que subliña unha potente mensaxe á sociedade en prol da igualdade de xénero.

A vicepresidenta da Deputación e responsable da área de Cultura da Deputación, Goretti Sanmartín, destacou que desde varios centros de ensino xa se puxeron en contacto coa organización para interesarse por este traballo como ferramenta da que botar man en actividades en prol da defensa da igualdade e á eliminación da discriminación “cunha mensaxe que parte das propias mozas co cal resultará moito máis eficaz con xente da súa idade”.

Velaquí:

COMPARTIR

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a 25N é… todos os días | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*