Paco Martín nomeado  Socio de Honra de GÁLIX

A xunta directiva da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) decidiu por unanimidade nomear Socio de Honra 2017 o escritor Paco Martín.

A entrega do galardón tivo lugar o pasado mércores, día 8 de novembro, nun acto escolar aberto ao público no IES Ánxel Fole (Lugo).

O escritor Xabier P. Docampo realizou a laudatio. Despois o alumnado do centro presentoulle ao homenaxeado diferentes traballos relacionados coa súa obra. Logo da resposta do homenaxeado á laudatio, o presidente de GÁLIX fixo entrega da escultura, deseño de Noemí López, que acredita o nomeamento.

Nas anteriores edicións recibiron esta mesma distinción Marifé Quesada, Xavier Senín, Xosé Neira Vilas, Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Xoán Babarro e Helena Villar Janeiro.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*