25N é… todos os días

Materiais didácticos da CIG-Ensino para Primaria e Secundaria o 25N.

Cara ao Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, desde a CIG-Ensino e baixo o lema “VIOLENCIA: NIN NA RÚA, NIN NO TRABALLO NIN NA CASA”, poñen a disposición da comunidade educativa unha serie de materiais didácticos para o uso nas aulas.

“A meirande parte dos esforzos en combater a violencia machista céntranse nas vítimas e non en quen exerce a violencia, que é cara a quen debe poñerse o foco. Porque para previr a violencia hai que tratar de evitala na orixe, eliminando as súas causas estruturais, promovendo relacións de respecto e igualdade desde idades temperás. E isto será posíbel na medida en que o xénero masculino comece a cuestionarse o lugar que ocupa na sociedade, en que mulleres e homes interioricemos as desigualdades e rachemos coas normas sociais que perpetúan o control e o poder que os homes exercen sobre as mulleres e reforzan a tolerancia cara á violencia machista. Un cuestionamento que pasa por identificar esas condutas, sexan propias ou por parte doutras persoas, e desbotalas. Por conseguir que a casa e os espazos públicos sexan máis seguros para as mulleres, garantindo a seguridade destas tamén nas súas relacións, no traballo e, en definitiva, nas súas vidas”.

Podedes descargar os materiais na web da CIG-Ensino ou aquí mesmo, picando sobre cada imaxe:

Unidade Didáctica para Primaria

Unidade Didáctica para Secundaria e Formación Profesional

Material da CIG-Ensino o 25N en 2016

Vídeo da palestra “Combater As relacións tóxicas. Previr a violencia de xénero desde a adolescencia” de Carmen Ruíz Repullo nas XIV Xornadas da Muller da CIG Ensino e a AS-PG.

Desde a CIG Ensino recomendan tamén utilizar o Videoclip Son Muller de MBCP (máis boas cas patacas), recente peza gañadora da segunda edición do concurso ‘Quero Cantar’

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*