Programa de actividades da Sociedade de Estudos Clásicos

A SEEC-Galiciaa ten unha interesante lista de actividades para este curso 2017-2018.

1) OBRADOIROS DIDÁCTICOS
O profesor Fernando Lillo impartiu dous obradoiros didácticos, dirixidos a alumnos de secundaria, bacharelato e universidade. Os obradoiros, de carácter gratuíto, foron “Enrólate na lexión romana” e “Roma-Amor: obradoiro de fíbulas e grafitos amorosos”. Tiveron lugar o xoves 8 de novembro de 2017 na Facultade de Filoloxía de Santiago. Celebraranse tamén obradoiros didácticos varios no marco da celebración do Dies librorum e dos Ludi Compostellani (véxanse actividades 6 e 7).

2) XI EDICIÓN DO CONCURSO ODISEA

A primeira fase do concurso celebrarase previsiblemente, como vén sendo habitual, no mes de febreiro de 2018. O tema desta edición será “A morte en Grecia e Roma”.

3) CERTAMEN CICERONIANUM

Terá lugar no mes de marzo de 2018.

4) PROBA DE GREGO PARNASO
Celebrarase no mes de abril de 2018.

5) XVII FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO

O programa, lugar e datas son os seguintes (nótese que respecto ao programa adiantado hai uns días houbo que cambiar o día das sesións previstas para A Coruña):

LUGO
5 de marzo (luns)
12:00 horas: Edipo Rey de Sófocles, SV Producciones de Madrid
17:00 horas: Cásina de Plauto, SV Producciones de Madrid
6 de marzo (martes)
12:00 horas: Hécuba de Eurípides, Grupo Noite Bohemia de A Coruña
17:00 horas: Miles gloriosus de Plauto, Grupo Noite Bohemia de A Coruña A CORUÑA
14 de marzo (mércores)
12:00 horas: Electra de Eurípides, Grupo El Ruiseñor de A Coruña
17:00 horas: Gemelos de Plauto, Grupo El Ruiseñor de A Coruña

OURENSE
9 de abril (luns)
12:00 horas: Troyanas de Eurípides, Grupo Noite Bohemia de A Coruña
17:00 horas: Anfitrión de Plauto, Grupo Noite Bohemia de A Coruña
10 de abril (martes)
12:00 horas: Electra de Eurípides, Grupo El Ruiseñor de A Coruña
17:00 horas: Gemelos de Plauto, Grupo El Ruiseñor de A Coruña

6) IV XORNADA CLÁSICA: DIES LIBRORUM
Con motivo do día do libro (23 de abril) celebrarase na Facultade de Filoloxía unha xornada con obradoiros, xogos e recital de lecturas.

7) IV OLIMPÍADA DE TRADUCIÓN DE TEXTOS CLÁSICOS
A data previsible de celebración da proba será o xoves 5 de abril de 2018. O día da entrega de premios será probablemente o xoves 26 de abril de 2018. Ao longo dese día terá lugar tamén a terceira edición dos Ludi Compostellani con varios obradoiros didácticos e outras actividades.

8) VIAXE A ITALIA
Terá lugar previsiblemente na semana de Entroido de 2018 (10-17 de febreiro) cun programa similar ao do ano 2016; na última semana de outubro publicarase na páxina web toda a información. Como sempre, esta viaxe está pensada prioritariamente para profesores e os seus alumnos de secundaria e de bacharelato das materias impartidas polos departamentos de Grego e Latín.

9) XORNADAS DE CULTURA E LINGUAS CLÁSICAS

Prevese a realización na primeira semana do mes de xullo de 2018 dunhas xornadas sobre didáctica da cultura e das linguas clásicas, na que se poidan compartir propostas e experiencias.

A información máis detallada sobre cada unha das actividades será publicada no seu momento na páxina web de SEEC-Galicia: http://seecgalicia.org/

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*