Pequefilmes 2018, festival infantil de curtas

festival infantil de curtasDías 20 e 21 de xaneiro, no Gaiás, en Santiago de Compostela.

Imos poñendo na axenda este evento, que na edición anterior divertiu a 1.500 nenas e nenos. O Pequefilmes 2018 traerá unha peneira de traballos audiovisuais premiados en festivais de cinema infantil, xuvenil e de animación máis importantes do mundo (Annecy, Chicago ICFF, Animamundi, Animafest, Dresdner Kinderfilfest…).

As curtas seleccionadas ofrecen unha pluralidade de temas, puntos de vista e historias, incidindo en numerosos aspectos sociais e éticos sen perder de vista nunca o divertimento. É unha oportunidade única para que os máis novos da casa vexan pezas audiovisuais de gran calidade que, en moitas ocasións, quedan fóra do seu alcance polos circuítos convencionais.

Ás seccións Miñocas (dirixida a rapaces de entre 4 e 8 anos de idade) e Fanecas (de entre 9 e 13) engádeselle como nova categoría fóra de concurso, Vagalumes, orientada ao público máis cativo, de entre 0 e 3 anos. Ao igual que na edición anterior, tamén se levarán a cabo unha serie de obradoiros formativos cos que os cativos descubrirán de primeira man o funcionamento do cinema de animación.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*