Premios GSD Innova para IES As Barxas e CEIP Ponte dos Brozos

Polos seus proxectos ‘Transformando realidades’ e ‘A seguinte xeración’.

“Valorouse o fomento da cultura emprendedora e a educación artística a través da creación e xestión dun centro de arte onde o alumnado se sitúa no centro dos procesos de aprendizaxe. A singular aproximación á diversidade supón un elemento fundamental e distintivo do proxecto”. Así o fan constar desde a Fundación GSD Innova, na proclamación do proxecto ‘Transformando Realidades’, do IES As Barxas (Moaña), como segundo clasificado da quinta edición do seu certame.

Un chanzo á beira no podio, o terceiro premio foi para ‘Realidad Virtual &  Storytelling. A seguinte xeración’, proxecto do CEIP Ponte Dos Brozos (Arteixo). O xurado destacou neste caso “o uso da tecnoloxía como medio de expresión creativa e de comunicación de forma interdisciplinar. Este enfoque permite desenvolver múltiples competencias baseadas na xeración de novas linguaxes”.

O primeiro premio recibiuno o proxecto ‘Cuidemos el Medio Ambiente’, do CEIP Marqués de la Real Defensa (Tafalla – Navarra), do cal o xurado valorou “a capacidade que ten o proxecto de dar resposta positiva a unha problemática ambiental desde unha perspectiva global, incluída na programación xeral anual do centro. Destácase a implicación da comunidade educativa e do contorno desde un enfoque transversal de traballo colaborativo e en rede”.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*