Eco-Christmas!

O Caderno Verde de Sogama achega unha ficha interactiva para un Nadal máis verde.

Ás portas do Nadal, no Caderno Verde de Sogama xa podemos atopar novos contidos para traballar respecto da sensibilización para un Nadal máis ambientalmente sostible. Neste caso un novo material para as aulas de inglés do 3º ciclo de Primaria e para Secundaria.

Os tres erres son unha vez máis protagonistas dos contidos do Caderno Verde, onde podemos acompañar as Amigas e Amigos de Vilaverde nun novo conxunto de actividades didácticas interactivas. A viaxe comeza cun conxunto de consellos moi interesantes para estas datas: Ollo coas compras impulsivas! Fai unha planificación previa do que necesitas! Desde aquí podes salta ata a ficha titulada Eco-Christmas!

No Caderno Verde tes outros contidos anteriores sobre o Nadal, por exemplo:

O ecoconto Unha carta moi especial, coa familia Trebón como protagonistas

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*