PictoEduca

 materiais de utilidade para nenas e nenos con necesidades educativas especiais e persoas que teñen dificultades de expresión mediante a linguaxe oral (TEA, Asperger, TGD)Recursos para alumnado con necesidades educativas especiais.

A web PictoEduca é un espazo que agrupa materiais de utilidade para nenas e nenos con necesidades educativas especiais e persoas que teñen dificultades de expresión mediante a linguaxe oral (TEA, Asperger, TGD). O obxectivo é facilitar recursos para axudar a progresar na comunicación e comprensión de coñecementos a través de leccións e tarefas sinxelas e con pictogramas.

O proxecto foi elaborado pola Fundación Barrié e Pictoaplicaciones e conta cun arquivo de 132 leccións en diferentes materiais como as matemáticas, a música ou as ciencias realizadas por profesionais da educación especial. A maiores, o proxecto convida os usuarios a crearen as súas propias leccións a partir de imaxes, vídeos e textos e traducilas a pictogramas para axudar a enriquecer este arquivo.

Ademais de para PC, tamén está dispoñible como aplicación para iOS e Android:
PictoEduca iOS
PictoEduca Android

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*