Xornadas de portas abertas na ESAD

A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia ofrece visitas guiadas e clases abertas.

Desde comezos de novembro e ata finais do próximo mes de abril, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) quere dar a coñecer todas as especialidades que se imparten actualmente na escola:
– Dirección escénica e dramaturxia.
– Escenografía.
– Interpretación.

Con esta fin organiza visitas guiadas para centros de secundaria, alumnado universitario ou calquera colectivo interesado nas artes escénicas (grupos e asociacións de teatro, centros de xuventude, etc).

Por outra parte, deica o 21 de decembro, hai un programa de mostras do traballo diario na aula. Xa que en moitas materiais xéranse materiais escénicos que son susceptibles de se exhibiren en público, durante estas dúas semanas exhibiranse espectáculos de diferentes formatos, exposicións e exercicios de aula. A totalidade do alumnado, tanto de dirección escénica como de dramaturxia, escenografía e interpretación, participa nas múltiples propostas presentadas.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*