Sabela e as zocas máxicas

Un día Sabela foi de visita á casa dos avós á aldea.Materiais do Proxecto Terra para a Educación Infantil.

Sabela vai percorrer, coas súas zocas, os seus espazos coñecidos para investigar o que hai neles, por medio dos seus sentidos, dándolle nome a cada lugar e describindo o que vai atopando. Todo iso prodúcelle fermosos sentimentos que serven para acadar un maior agarimo polos lugares que percorre. Acompañamos a Sabela da casa á escola?

‘Sabela e as zocas máxicas’ é un proxecto sensorial, lúdico e vivencial elaborado no marco do Proxecto Terra do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), unha iniciativa de cooperación do COAG co mundo da educación que quere contribuír a mellorar o coñecemento que o alumnado debe ter da arquitectura e identidade territorial.

Para isto proporciónannos un material que:

  • Parte da nosa realidade: as nosas casas, a nosa contorna rural ou urbana, o noso patrimonio natural e construído, as características das nosas aldeas, vilas e cidades…
  • Fainos dispor de imaxes reais da nosa contorna.
  • Con este material todos nos identificamos: interior, costa, urbano, rural…
  • Parte de elementos moi motivadores para o noso alumnado: contos, cancións, xogos.

Descarga da Guía do Profesorado con todas as orientacións para desenvolver as actividades

Todo o material para Infantil

Un día Sabela foi de visita á casa dos avós á aldea. Era unha casa un pouco vella, pero a Sabela parecíalle máxica cando vía saír os pitiños dos ovos, cando escoitaba cantigas no colo da avoa, cando ulía a tostas de pan e saboreaba os doces saídos do forno ou cando tocaba a alfombra xogando ás agachadas co irmán. Deitada na cama, pensaba nas súas cousas. Como fóra caían chuzos de punta, pensou en xogar dentro da casa. Saíu do seu cuarto e…

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*