‘Nos espazos do soño’: “A cultura musical tense que crear na escola”

Unha obra teatral de Xosé Vázquez Pintor onde a música comparte protagonismo.

“Nos espazos do soño. Diálogos de Amor e Amigo” é un fermoso traballo do autor d’AGolada, onde ao longo dos seus textos, creados para ser representados no escenario teatral, a música gaña protagonismo para erguerse como fío narrativo. O volume, alén das ilustracións de Héitor Picallo, conta coa colaboración dos músicos Gaël e Tomás Camacho, autores das composicións orixinais e dos arranxos de obras de época. A obra propón unha viaxe polo medievo, o Renacemento, o Barroco ou o Romanticismo, intercalando habilmente a narración coas pezas musicais. Unha viaxe máxica onde acompañamos a tres personaxes: un músico, unha moza na procura do amor e un trasno que se interpón entre ambos os dous. O percorrido comeza na Galicia do século XIII e pasa por exemplo pola Italia renacentista ou a Alemaña romántica, antes de volver ao punto de partida.

No seguinte vídeo, elaborado por TeleVinte aproveitando a visita do compositor Tomás Camacho ao Clube de Lectura do IES Lama das Quendas, en Chantada, podemos saber un chisco máis sobre a obra e a súa música. O propio alumnado de 1º de Bacharelato do centro realizou unha adaptación da obra:

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*