Recursos e intervencións na protección. Xornadas de Protección á Infancia en Galicia

Os días 16 e 17 de marzo en Santiago de Compostela.

Participarán entre outros Barbara McKay, directora do Family Institute de Londres, con longa experiencia de colaboración e supervisión con máis de 25 entidades de protección á infancia no Reino Unido; Mónica Castelao, coordinadora do Programa de Acollementos da Cruz Vermella Galicia; Maite Sío Docampo, técnica do Programa de Apoio ao Acollemento en Familia Extensa de Aldeas Infantiles SOS Galicia; Javier Martín, técnico do equipo técnico de menores en Vigo, autor do libro “La intervención ante el maltrato infantil: una revisión del sistema de protección”; Naiara González, educadora social, fundadora de Atalia Social e experta en orientación e terapia familiar; Ángel Liste, director da Casa de Familia Dignidad Santiago; Manuel Oreiro, técnico do ETM na Coruña, responsable da revista Cadernos de Psicoloxía do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia; Mónica Permuy, directora xeral da Fundación Meniños; Iria García, educadora social; (…)

Obxectivos:

  • Promover unha reflexión construtiva sobre os recursos e os retos presentes e futuros dos servizos de protección á infancia en Galicia.
  • Promover un diálogo entre profesionais diversos que traballan na rede de protección á infancia xunto con expertos doutros países ou rexións que poden ofrecer unha perspectiva externa

Estrutura:

  • Conferencias plenarias a cargo de expertos que ofrecen unha perspectiva externa ao sistema de protección galego.
  • Mesas redondas configuradas por un moderador e tres relatorios breves a cargo de profesionais con experiencia seguidas dunha discusión
  • Obradoiros simultáneos pensados para unhas trinta persoas e dirixidos por expertos.

A inscrición é gratuíta

Máis información e programa completo

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*