VI Xornadas do ensino: Entendendo o Autismo (TEA)

Estas xornadas teñen por obxecto proporcionar formación teórica e práctica sobre o Trastorno de Espectro AUTISTA como diversidade na aula. Esta Xornada está organizado por ANPE Coruña. É unha Actividade de Formación presencial que está Homologada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por 10 horas.

Celebraranse 2 e 3 de febreiro (venres de 17 a 21 h e sábado de 11.30 a 14 e de 17 a 20.30 horas) no MAC GasNatural Fenosa (Estrada Baños de Arteixo, 171, 15007 A Coruña).

Aberto prazo de matrícula do 8 ao 22 de xaneiro: Link para matrícula

Obxectivos

  • Introducir nos modernos conceptos do autismo como diversidade.
  • Coñecer as principais barreiras da escola para os nenos/as con diversidade.
  • Presentar as principais dificultades do alumnado con TEA na aula.
  • Coñecer as estratexias de intervención nos diferentes ámbitos.
  • Coñecer as estratexias inclusivas nas diferentes etapas escolares.
  • Recoñecer unha boa coordinación entre todos os axentes implicads.
  • Recoñecer o apoio individual coma unha necesidade.
  • Presentar recursos para o traballo diario.

Contidos

  • Introducción de conceptos modernos do autismo como diversidade.
  • Detección e intervención desde o centro escolar.
  • Principais barreiras na escola para o alumnado con diversidade.
  • Dificutades do alumando con TEA na aula.
  • Estratexias de intervención nos diferentes ámbitos.
  • A importancia da coordinación entre todos os axente implicados.
  • A necesidade dun apoio individual.
  • Recursos para o traballo diario.
  • Casos prácticos e testemuñas.

Actuarán como relatores:

  •  Emilio Fernández, neuropediatra.
  •  Lucía Ruíz, orientadora.
  •  Mª Cruz da Silva, autora do blog “Pensando en imaxes”, membro da asociación “Por dereito” e directora dun centro educativo.
  •  Verónica Santiso, directora de centros ASPERGA
COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*