II Concurso Literario Infantil e Xuvenil sobre a Protección de Datos

Certame dirixido a alumnado de centros públicos que cursen 5º ou 6ª de Primaria ou algún dos catro cursos de ESO.

O certame organízase con motivo do Día da Protección da Datos, que se conmemorou este 28 de xaneiro en toda Europa.

O obxectivo do concurso é que a sociedade galega, en especial os máis novos, tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos, promovendo o coñecemento sobre os dereitos e responsabilidades nesta materia.

Os traballos presentaranos os propios centros educativos, a través do enderezo premioliterario@cpeig.gal, ata as 15 horas do día 28 de febreiro de 2018.

Bases

As obras que se presenten deberán ser inéditas e estar escritas en lingua galega. Os estudantes poderán presentar ao certame diversos xéneros, como o artigo xornalístico, exposición divulgativa (entrada de blogue ou artigo de divulgación), conto ou relato curto. O obxectivo dos traballos deberá ser responder a preguntas como Que é para ti a protección de datos?, Como afecta no teu día a día? ou Como podo protexer os meus datos?. Os textos de referencia serán Protocolo de Protección de Datos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (educonvives.gal) e as publicacións da Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es).

A extensión dos traballos, que deberán presentarse en formato dixital en PDF, será de entre 1000 e 2000 palabras para as categorías de ESO, e de entre 800 e 1000 palabras para a categoría de 5º e 6º de Primaria. Cada concursante poderá presentar ao certame cantos traballos desexe.

Haberá un premio para a categoría de 5º e 6º de primaria, outro para a categoría de 1º e 2º de ESO e outro para a categoría 3º e 4º de ESO, que consiste nunha tablet para o autor ou autora e un kit de robótica para a súa aula. Ademais, aquel centro que conte con maior participación recibirá un recoñecemento especial da organización. O fallo do xurado, composto por membros nomeados polas entidades convocantes, daranse a coñecer no mes de marzo.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*