Para dar trela: Manual práctico de fraseoloxía galega

De balde na rede, este volume cheo de prácticos exercicios estruturados en áreas temáticas.

Alegres como un pandeiro andamos despois de coñecermos que ‘Para dar trela: Manual práctico de fraseoloxía galega’, o volume elaborado por M. Carmen Losada Aldrey, Alba Cid Fernández, Xurxo Fernández Carballido (e coas ilustracións de Evaristo Corujo Martínez, Tito), está xa dispoñible para descarga na rede. O libro é un método xeitoso para aprender fraseoloxía e paremioloxía galega e inclúe un feixe de exercicios extraídos do uso real na prensa, na literatura ou na internet co seu contexto.

Escribe Xesús Ferro Ruibal no prólogo do volume: “Curros Enríquez resultou condenado, entre outras cousas, porque nuns versos facía que Deus, vendo este mundo tan desastrado, exclamase: Se este é o mundo que eu fixen, que o demo me leve. A condena non tivo en conta que a fórmula que o demo me leve en galego non ten sentido literal senón metafórico, dado que a súa tradución correcta é “Este mundo non se parece ó que saíu das miñas mans”. O demo é aí parte dunha hipérbole que ningún galegofalante toma ó pé da letra. Sen entende-lo valor dos ditos e dos refráns é imposible comprender a Rosalía de Castro, a Curros, a Castelao ou, entre os recentes, a Bieito Iglesias ou os capítulos de series da TVG como Mareas vivas e, sobre todo, Pratos combinados. (…)

É curioso isto: os mellores mestres da fraseoloxía non aprenderon a fraseoloxía en libro ningún. Así que este libro que tes na man é un libro propedéutico ó trato coa xente entrada en anos, ós teus avós: xente que nada desexa tanto coma ter saúde e que lle pregunten algo. Non hai mellor manual de fraseoloxía e paremioloxía que a convivencia cos avós e coas avoas. Se este libro te leva a intensifica-lo trato con eles e con elas,practicarás, nun mesmo exercicio, fraseoloxía e humanismo: será filloas con mel”.

Descarga aquí o volume:
https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/para_da_trela-libro-web.pdf

ÍNDICE DO MANUAL

Prólogo ………………………………………………………………………………………………. 9
Introdución ……………………………………………………………………………………….. 15
As portas ás que batemos. …………………………………………………………………… 19
Unidade previa… para entrar en materia …………………………………………….. 21

Unidade 1. Accións vitais…………………………………………………………………….. 23
nacer  estar moribundo, morrer, soterrar, estar morto  ter apetito, comer,
comer pouco, comer moito, pasar fame, despois de comer  beber, embebedarse,
estar borracho  durmir, non durmir  evacuar  chorar  bocexar  correr  bailar

Unidade 2. Aspecto físico ……………………………………………………………………. 49
fermosura  fealdade  delgadeza  gordura  esvelteza  robustez / fortaleza 
estatura  desamaño  semellanza  outras aparencias

Unidade 3. Carácter……………………………………………………………………………. 69
bondade  maldade  simpatía  antipatía  xenerosidade  mesquindade  comenencia 
soberbia inquietude calma  astucia  torpeza  valentía  temperamento covardía 
realismo  formalidade  pouca formalidade  distracción  fantasía  tolemia

Unidade 4. Sentimentos e emocións……………………………………………………… 93
placidez / alegría  tristura  aceptación  rexeitamento  preocupación  medo 
sorpresa  fastío  ira

Unidade 5. Relacións ……………………………………………………………………………. 115
conxeniar  non conxeniar  conciliar  incomodar  lealdade  deslealdade 
amor  sexo  embruxar  adulación  engano  dominio

Unidade 6. Problemas, éxito, fracaso …………………………………………………… 139
facilidade  dificultade  problemas  axuda  esforzarse, esforzarse en balde, non
esforzarse  éxito  fracaso

Unidade 7. Comunicación e conversa…………………………………………………… 163
calar  falar  falar pouco  falar moito  falar claramente  non falar
claramente  falar sen saber  estar de acordo  estar en desacordo  louvar 
recriminar  rexoubar e criticar  blasfemar

Unidade 8. Cartos……………………………………………………………………………….. 187
gañar cartos  ter cartos  aforrar  falso aforro  valor / prezo  gastar  non
ter cartos / pobreza  arruinarse  roubar

Unidade 9. Tempo meteorolóxico …………………………………………………………… 209
ir sol  ir calor  chover pouco, chover moito  mollarse  sarabiar  neviscar /
nevar  ir frío  ir vento  clarexar / escampar  arco da vella  estar nubrado

Unidade 10. Revisión ………………………………………………………………………….. 233

Solucións……………………………………………………………………………………………. 239
Glosario de fraseoloxismos………………………………………………………………….. 249
Glosario de refráns……………………………………………………………………………… 271
Glosario de fraseoloxismos e refráns noutras linguas ………………………….. 281
Achegas dos usuarios………………………………………………………………………….. 283
Referencias…………………………………………………………………………………………. 285
Referencias lexicográficas  Referencias bibliográficas primarias  Referencias en
Internet  Referencias bibliográficas secundarias e suxestións de lectura  Procedencia
dos textos web empregados.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*