IX Olimpíada Galega de Economía

Vaise celebrar o sábado 7 de abril de 2018 na Aula Magna “José Ángel Valente” da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense.

A Olimpíada Galega de Economía é un concurso anual dirixido a alumnas e alumnos de segundo curso de bacharelato de toda Galicia co fin de divulgar os estudos de Economía e Economía da Empresa e premiar o esforzo e a excelencia académica dos estudantes de bacharelato.

A proba consistirá en contidos de economía xeral e economía da empresa, que determinará os tres alumnos premiados que poderán acudir á fase estatal.

A fase estatal da Olimpíada Española de Economía desenvolverase na USC entre os días 25 e 27 de xuño.

A inscrición nas olimpíadas pode facerse completando o formulario oficial que pode remitirse (antes do xoves, 22 de marzo de 2018) ao enderezo secretario.eto@uvigo.es

As bases completas aquí (.pdf)

O formulario de inscrición

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*