Ponte…nas Ondas! convida á celebración do Día Mundial da Radio

O portal Escolas nas Ondas, iniciativa de Ponte… nas Ondas!, é o primeiro espazo para difundir e espallar os podcasts e os programas das escolas galegas e portuguesas e de todo o ámbito da lusofonía, e acolle as producións elaboradas por escolas das dúas beiras do Miño para o Día Mundial da Radio 2018.

EBS Muralhas do Minho, IES Valle Inclán, Radio Pinguela, IES Pedras Rubias, IES Félix Muriel, Agrupamento de Escolas Dr. Francisco Sanches, CEP Carlos Casares, IES Terra de Turonio, IES de Pastoriza, o Colexio Abrente, CEIP Bormoio-Agualada, CEIP Ría de Vigo, CEIP Sal Lence… Son algunhas das escolas galegas e portuguesas que celebran o Día Mundial da Radio 2018! En Escolas nas Ondas podemos escoitar as pezas que propoñen: desde temas diversos como unha entrevista coas árbores galegas, en prol da concienciación fronte ao problema dos incendios, ata cuestións máis específicas arredor da temática da radio e o deporte, proposta pola Unesco para este Día da Radio 2018, como entrevistas a xogadores de hóquei, fútbol, atletas ou adestradoras.

As escolas ou o alumnado a título individual poden participar enviando os programas ou podcasts que desexen ao enderezo web@escolasnasondas.com. Tamén poden compartilos desde calquera plataforma como Ivoox, Soundcloud, Itunes, Spreaker, etc. Do mesmo xeito serán publicados na o portal audivisual imaxes ou vídeos que teñan como tema o deporte e a radio. Hai unha canle de vídeo para os traballos das escolas. Outra forma de participación é o envío de mensaxes de audio ou vídeo a través de Whats App ao número: 603 896 495

O 21 de febreiro unha nova Ponte nas Ondas: xornada especial en directo desde o IES de Breamo de Pontedeume e a Radio Afifense de Caminha

Escolas galegas e portuguesas realizarán programas en directo o día 21 de febreiro debido a que o día 13, o Día Mundial da Radio coincide coa celebración do entroido.

As escolas aínda poden sumarse a esta participación que está aberta a programas que se desenvolvan en directo desde calquera centro educativo.

Entre as propostas que as escolas poden abordar nos seus programas están os xogos tradicionais, a relación dos deportistas e a radio, o xornalismo deportivo, retransmisión deportivas na radio, a igualdade de xénero no deporte, a lingua galega e o deporte, as olimpiadas e os deportes para-olímpicos, etc.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*