Programa Espacial Hamsternauta

Iniciativa para as escolas de secundaria promovida por empresas do Laconnetwork.

O chamado Proxecto HANA propón un concurso, a xeito de “carreira espacial”, para que alumnado de secundaria lance ao espazo un hámster ‘virtual’ coa axuda dunha sonda e un globo meteorolóxico.

A actividade inclúe toda unha serie de interesantes exercicios que inclúen ensamblaxe de compoñentes informáticos, programacións sinxelas e diversos cálculos para levar a cabo desde as escolas un abano de investigacións que os convertan en “axencia espacial” a pé de aula.

Toda a información na web da iniciativa

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*