Segundo wikimaratón do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Esta terza feira, 20 de febreiro, celébrase unha nova edición desta iniciativa de creación, ampliación e mellora de artigos relacionados coas mulleres na ciencia, biografías de científicas e as súas achegas.

A actividade terá lugar o 20 de febreiro de 2018 de 9 a 14 horas na Biblioteca Concepción Arenal do Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela. As persoas que non poidan asistir de forma presencial, poderán colaborar dende o seu equipo, coa súa conexión e no lugar no que o faga habitualmente, na casa, na biblioteca, no parque…

No evento traballarase na creación, ampliación e mellora de artigos relacionados coas mulleres na ciencia, biografías de científicas e as súas achegas. Un wikimaratón é unha reunión, neste caso virtual, convocada para editar e mellorar colectivamente os contidos dunha Wikipedia sobre un tema ou unha serie de artigos relacionados con el. Habitualmente están promovidos por unha institución educativa ou cultural e buscan ademais visibilizar a comunidade da Wikipedia, favorecer o contacto entre os seus membros e facilitar a incorporación a ela de novas persoas.

O primeiro Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia celebrouse o 11 de febreiro de 2016, e a mensaxe da Unesco foi clara: a nova Axenda para o Desenvolvemento Sostible de 2030 non cumprirá a súa promesa sen investir no desenvolvemento das mulleres e as nenas a través de e na ciencia, a cal é considerada como motor dos dereitos humanos e a dignidade, a erradicación da pobreza e a protección do planeta

Máis información nesta entrada da Galipedia

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*