Xornada en directo de Ponte… nas Ondas! este 21 de febreiro

Desde o IES de Breamo, en Pontedeume e a Radio Afifense, en Caminha.

Xa que o Día Mundial da Radio coincidiu este ano coa celebración do Entroido, e malia que tamén se celebrou coa difusión dun feixe de programas especiais elaborados polas escolas, a asociación Ponte…nas Ondas! marcou outra data especial no calendario. Así, esta cuarta feira, 21 de febreiro, están preparando unha xornada especial en directo, coa colaboración do IES de Breamo, en Pontedeume, e a Radio Afifense, en Caminha.

As escolas aínda poden sumarse a esta participación que está aberta a programas que se desenvolvan en directo desde calquera centro educativo. Ao fío da temática proposta pola Unesco para o Día Mundial da Radio nesta edición, entre as pezas que as escolas poden desenvolver nos seus programas están os xogos tradicionais, a relación dos deportistas e a radio, o xornalismo deportivo, retransmisión deportivas na radio, a igualdade de xénero no deporte, a lingua galega e o deporte, as olimpiadas e os deportes para-olímpicos, etc.

A emisión poderá seguirse en directo desde o Facebook de Ponte…nas Ondas! e desde a web Escolas nas Ondas.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*