I Encontro Luso-Galaico sobre Educación

O sábado 3 de marzo en Monção. Inscricións abertas.

A CIG-Ensino abre o prazo para inscribirse no I Encontro Luso-Galaico sobre educación que se celebrará en Portugal o 3 de marzo. Está coorganizado polo Sindicato de Professores do Norte de Portugal (SPN), que forma parte da FENPROF organización maioritaria do profesorado portugués e a CIG-Ensino, organización maioritaria no ensino en Galicia. O encontro abre o que pretende ser unha maior colaboración entre as dúas forzas sindicais no marco dun intercambio de experiencias e realidades aquén e alén Miño. Neste primeiro Encontro o tema central será ‘Globalización e os dereitos do traballo’. Participarán entre outros Manuela Mendonça, coordenadora do Sindicato dos Professores do Norte, Xesús Bermello, secretario nacional da CIG-Ensino, Ámerico Peres, profesor da UTAD e investigador do Instituto de Filosofía da Universidade do Porto e Carmen Adán, catedrática de Filosofía no IES Politécnico de Vigo.

O aforo é limitado e a actividade é gratuíta. A actividade conta con acreditación en Portugal mais non con homologación da Xunta.

Formulario de inscrición

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*