Lendo lendas, digo versos

Un demo burlado, un rei asediado que ao final vence, árbores que fan concerto ao xeito dunha gran orquestra, unha moura que agarda o desencantamento, doncelas enfeitizadas… Arredor das lendas peneiradas por Antonio Reigosa, xorden os versos elaborados por Antonio García Teijeiro. Unha fermosa colaboración que logra un libro magnífico, Lendo lendas, digo versos, onde, ademais, podemos gozar coas suxestivas ilustracións de Xosé Cobas. Vinte lendas con cadanseu poema que amosan unha outra visión sobre a tradición, unindo a prosa e o verso.

Esta nosa recomendación desta semana xa recibira o premio á mellor iniciativa bibliográfica na I Gala do Libro Galego en 2016 e agora vén de ser incluído na Lista de Honra do IBBY 2018. Recordámosvos que a Lista de Honor IBBY é unha selección bienal de libros sobresaíntes de publicación recente nos países membros da Organización Internacional para o Libro Xuvenil (IBBY).

Na rede, Antonio Reigosa mantén a bitácora Caderno de Antonio Reigosa e o espazo Galicia Encantada

Recomendámosvos tamén seguir a bitácora de Antonio García Teijeiro na rede coa colaboración de Antón García Fernández: Versos e Aloumiños

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*