Xohana Torres, recursos na rede para o Día Mundial da Poesía

Xohana Torres comezou a súa andaina da man da Editorial Galaxia co libro de poemas Do sulco (1957). En 1971 publicou a novela que lle deu máis sona: Adiós, María. Mais a súa obra ten outros exemplos de notable calidade literaria tanto no xénero poético (Estacións ao mar, Tempos de Ría ou Elexías a Lola), no infantil (Polo mar van as sardiñas) ou mesmo no ensaio (Eu tamén navegar). Sen a autora, fina a o pasado 2017, sería imposible explicar o decorrer das nosas letras na segunda metade do século XX.

A Real Academia Galega dedicaralle á autora o Día Mundial da Poesía a Xohana Torres. A escritora e académica de número, falecida o pasado mes de setembro, será recordada o 21 de marzo nun acto literario e musical, a partir das 19:30, no que poetas de distintas xeracións e amizades da autora lerán e comentarán desde unha perspectiva persoal fragmentos da súa obra. Guadi Galego e Guillerme Fernández poranlle música a esta homenaxe.

RECURSOS NA REDE SOBRE XOHANA TORRES

Xohana Torres na Galipedia

Xohana Torres na Biblioteca Virtual Galega

Xohana Torres no Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega

Adeus. Xohana, artigo de Marta Dacosta

Xohana Torres: a que arriscou, artigo de Marilar Aleixandre

Biografía e discurso de ingreso na Real Academia Galega

Ás veces matinaba

Xosé Luis Ménez Ferrín, Xosé Puga, Helena González e Chus Nogueira falan no Diario Cultural da Radio Galega da obra de Xohana Torres e da edición do volume Elexías a Lola

Na morte de Xohana Torres

Video documental sobre a figura de Xohana Torres, elaborado polo Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do IES Fontexería (Muros), con participación do seu alumnado

Videoconto “Todos os nenos do mundo seremos amigos” interpretado polas nenas e nenos do Cole de Cea sobre unha versión do texto de Eulalia Valeri, debuxado por Asun Balzola, traducido por Xohana Torres e editado por La Galera no 1967.

Kathleen March le a Xohana Torres

Aurora Marco le a Xohana Torres

Marcelino Fernández Mallo le a Xohana Torres

Xabier Paz le a Xohana Torres

Xosé Leira le a Xohana Torres

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*