XI Proxecto Didáctico Antonio Fraguas

Convocatoria aberta a centros de ensino primario e secundario ata o 31 de maio.

A iniciativa, que busca favorecer o achegamento dos escolares á etnografía, antropoloxía, xeografía, historia e arte galegas, inclúe dúas modalidades de participación (ensino primario e secundario) dotadas con cadanseus 7000 euros destinados a materializar os proxectos gañadores durante o vindeiro curso escolar 2018-2019 en colaboración co Museo do Pobo Galego, que acollerá a exposición pública dos dous proxectos resultantes do traballo desenvolto ao longo do vindeiro ano. “O proxecto pretende a posta en valor da nosa lingua en relación cos estudos de toponimia, antroponimia, léxico… en definitiva, ao adn cultural e social que reflicte e singulariza a forma de ver a vida dos galegos e galegas”, sinalou Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística. Participaron canda eles na presentación Francisco J. Sangiao e Clodio González, secretario e membro do padoado da fundación Fraguas, respectivamente.

O prazo de participación estará aberto ata o 31 de maio e o xurado cualificador emitirá o seu ditame antes do 22 de xuño. Na convocatoria anterior fixéronse cos galardóns o CPI de Vedra (A Coruña), co coñecido proxecto “Vedra@medra”, e mais o IES A Pinguela de Monforte de Lemos (Lugo) con “Figuras de antonte e de hoxe. Figuras para o mañá”.

O Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas, promovido pola fundación do mesmo nome e apoiado pola Consellería de Cultura e Educación a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística no marco do Plan Proxecta.

Máis información na web do Museo do Pobo (.pdf)

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*