21 Días co Galego 2018

Nova edición da iniciativa do IES da Pobra do Caramiñal en prol da nosa lingua.

A experiencia foi organizada por vez primeira en 2013 por Pilar Ponte, para alumnado de 2º da ESO e 1º de Bacharelato, con dous obxectivos: un aumento do uso da lingua galega así como o seu perfeccionamento e provocar unha reflexión íntima e persoal dentro dos participantes da actividade sobre o idioma galego e a nosa relación coas linguas que falamos ca un de nós.

Dende aquela levan catro edicións do proxecto coa participación do Departamento de Lingua e Literatura Galegas dirixindo a actividade a todo o centro educativo. En 2017 introduciron actividades colectivas de retos de aulas e fixeron homenaxe ao finado escritor Agustín Fernández Paz. Nesta ocasión centran o interese nas linguas do mundo, nos prexuízos lingüísticos, nas variantes dialectais e no ecolingüismo. Tamén poñen en marcha dúas iniciativas máis relacionadas coa lectura: 21 lecturas dende A Pobra e 21 ondas poéticas (recompilación de poesías de todas as épocas que rexistran a presenza do mar).

Recomendámosvos a súa bitácora, onde podedes seguir toda a actividade e aproveitar os recursos fornecidos

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*