Aprendo con Olloboi

Os “Olloprofes” vencellados ao proxecto achégannos unha selección de recursos didácticos para elaborar as mellores pezas audiovisuais a partir das aulas.

Os promotores da iniciativa Olloboi, xurdida do IES A Cachada, en Boiro, armaron un magnífico centro de recursos didácticos, baixo o título “Aprendo con Olloboi”, para afondar no proceso cinematográfico en todas as súas fases, desde a preprodución ata a distribución. A través deste guieiro alumnado e profesorado poderá facerse unha idea xeitosa de todo o proceso de elaboración dunha película e, xa que logo, coller inspiración para argallaren desde as aulas as súas propias pezas.

As Olloclases seguen esta estrutura:
1. A vida dunha película
2. Guión
3. Composición
4. Arte e Estética
5. Interpretación
6. BSO (a sonorización)
7. Planos (a gravación)
8. Montaxe
9. O noso audiovisual

Os profes da Olloclase son Alfonso Zarauza, Jaione Camborda, Alberte Branco, Lucía Catoira Pan, Luís Avilés, Giselle Llanio, Araceli Gonda, Xosé Castro “Pato”, Andrés Mahía, Miguel de Lira, Sandra Sánchez, Fany Bello, Sandra Montes, Ángel Amaro, Enrique Otero, David Machado, Jorge Coira, Beli Martínez e Carlos Ares.

Para profes hai unha guía didáctica ó principio de cada unidade, e para alumnado o camiño é, en cada capítulo, acceder primeiro á olloclase, (só é preciso ver os vídeos, as explicacións teóricas son complementos para quen queira profundizar nos contidos), logo ás actividades, e finalmente ás prácticas e análise fílmica.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*