III Concurso de Booktrailers Ollo de Vidro

O prazo de envío péchase o 23 de abril ás 23:59 horas

A canle de Youtube Recomendocheunlibro é un proxecto dos Equipos de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas e do IES Castelao, xunto coa Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas que busca a promoción da lectura e a visibilización e o emprego do galego como vehículo de comunicación.

Na canle de Youtube Recomendocheunlibro, o alumnado e as persoas usuarias dos distintos centros organizadores, colectivos, así como o público en xeral, poden divulgar vídeos recomendando lecturas ou outros traballos audiovisuais ao redor da animación á lectura (booktrailer, booktube ou calquera tipo de proxecto audiovisual)

O III Concurso de Booktrailers Ollo de Vidro é unha iniciativa promovida desde a canle coa que se premiarán os traballos audiovisuais máis valorados de entre os participantes nese proxecto, e cuxo ditame se dará a coñecer no mes de maio. Poderán participar no concurso todas aquelas persoas e colectivos que o desexen, enviando un vídeo a recomendocheunlibro@gmail.com. Os traballos audiovisuais non deberán superar os 3 minutos de duración e terán que estar en galego.

Os obxectivos que se perseguen con esta iniciativa son fomentar entre a cidadanía hábitos lectores, utilizando a lectura como fonte de información, aprendizaxe e enriquecemento persoal, ao mesmo tempo que se promove o uso do galego como vehículo de comunicación nas redes sociais.

Haberá tres modalidades:

  • A. Premio do xurado.
    O xurado constituído a tal fin escollerá un vídeo, o que considere o mellor.
  • B. Premio do público.
    Resultará gañador o vídeo que obteña máis “gústame” dende o día da súa publicación ata o día e hora en que se pecha o prazo 3 de maio de 2018 ás 23:59h de Galicia.
  • C. Premio Festival de Cans.
    O xurado constituído a tal fin escollerá un vídeo, o que considere o mellor.

As bases completas aquí

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*