Máis de 6.000 estudantes xa gozaron da nova edición do Correlingua!

A carreira pola normalización do galego que organiza cada ano a CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e A Mesa pola Normalización Lingüística comezou esta semana con gran éxito de participación. A Estrada abriu o calendario este xoves, con 1.800 participantes, nun evento ao que se uniron centros de Forcarei e Silleda, e este venres foron máis de 2.500 alumnos e alumnas os que se involucraron na Coruña. Ao tempo, no Morrazo, Bueu acolleu outra cita de éxito con 2.000 corredores e corredoras procedentes de toda a comarca.

No evento coruñés foron 23 os centros que se inscribiron, e o alumnado foi recibido na meta da Torre de Hércules pola actriz Isabel Risco. Despois, actuou Cuarta Xusta, grupo gañador este ano do concurso Cantalingua que se celebra xunto con outros certames con anterioridade ao mes de maio e que pretenden servir como aliciente nos centros educativos para traballar pola normalización da lingua en áreas como a música, o audiovisual, a creación literaria ou a banda deseñada.

No caso do Morrazo foron 20 os centros educativos inscritos no Correlingua. Na festa final houbo diversas actividades lúdico-educativas: obradoiros para o alumnado de Infantil coordinados polos propios centros de ensino, a actuación da regueifeira viguesa Alba María, a lectura do manifesto a cargo dunha representación do estudantado do IES Johan Carballeira de Bueu e a presentación do seu traballo Radio Bule-bule a cargo do músico Paco Nogueiras.

Deica o 16 de maio en Vigo, onde pechará a edición deste ano, co lema “A lingua non para”, alumnado de todas as etapas educativas participará nesta reivindicación do uso do galego, o Correlingua visitará outras vilas e cidades: o vindeiro luns tocaralle a Compostela acoller a marcha que comezará ás 11 e rematará unha hora despois na Praza da Quintana. O martes, 8 de maio, terá lugar a festa principal deste ano, que será na cidade de Pontevedra. Un día despois serán os rapaces e rapazas de Lugo quen correrán pola lingua e a semana rematará con máis carreiras e festas na Mariña e no Baixo Miño o xoves 10 e en Ourense o venres 11.

COMPARTIR

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a “En galego día a día”, lema de Queremos Galego para o 17 de maio | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*