I Congreso Internacional Noroeste de Altas Capacidades

Convocado pola Asociación de Altas Capacidades de Galicia, terá lugar os días 14, 15 e 16 de setembro en Santiago de Compostela.

A Asociación de Altas Capacidades de Galicia (ASAC Galicia), promove en colaboración coa Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da Universidade de Santiago, este evento. Está prevista a asistencia de diversos expertos internacionais neste ámbito, como é o caso de Joseph S. Renzulli ou da doutora Sally Reis.

O propio Joseph Renzulli (Universidad de Connecticut) será o encargado da conferencia Inaugural. A continuación haberá unha serie de mesas sectoriais. A primeira, “Profesorado e altas capacidades” estará moderada por Laura Reyes Quintela, Directora de Trisquel International School e membro da Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela. A segunda, “Orientadores/as e Altas Capacidades”, estará moderada por Miriam Fernández Barreiros, tamén membro da Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da USC. A terceira, “Familias e Altas Capacidades”, estará moderada por Marisa Dequit Herrero, vicepresidenta de ASAC-Galicia. A sesión da tarde desta primeira xornada vaina completar a conferencia plenaria da profesora Luz Pérez Sánchez, da Universidade Complutense de Madrid.

Pode consultarse máis información e o programa provisional na ligazón seguinte:
www.congreso-internacional-noroeste-aacc.org/

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*